O noso Blog

Primeira saída do Proxecto Ríos

En Sustinea temos amadriñado un tramo do Río Barbaña na cidade de Ourense, do que somos responsables de velar polo estado de deste treito en concreto.

Prensado tradicional da uva nos lagares rupestres de Oímbra

Dende o lagar de Xan Preto ata a Adega das Barrocas viaxamos no tempo en marabillosa compaña, coas veciñas e veciños e demais convidadxs que se achegaron a revivir unha xornada cos costumes e tradicións de antano, a recreación do prensado tradicional de uva nos lagares rupestres de Oímbra.
 
Encantadas co traballo final de manter vivas as nosas costumes colaborando con Concellos e persoas que teñen gañas de facer cousas boas polo Desenvolvemento Rural

Corpo e mente

A primeira quenda do Xuventur en Covelo foi unha fin de semana en familia, o contacto físico entre descoñecidas propiciou un ambiente natural e acolledor.

Descobre o Xurés

Cada vez que unha persoa se interesa polo rural e inviste unha fin de semana para coñecelo e disfrutalo algo nelas muda...Graciñas por compartilo connosco! espero que Xuri volte cruzarse no noso camiño.
Así rematamos a primeira quenda do Xuventur no Xurés: aventuras, superación e a oportunidade de coñecervos.

Sustinea colabora na XI Limpeza Simultánea de Ríos

O domingo 30 de setembro, Sustinea participou na XI Limpeza Simultánea de Ríos en colaboración con ADEGA , unha actividade coordinada dentro do Proxecto Ríos, en todo o territorio galego.
O noso colectivo encargouse de dirixir a limpeza na cidade de Ourense,  recollendo ao redor de 15 kg en menos de 3 horas!

Páxinas

Subscribirse a O noso Blog