Dende o lagar de Xan Preto ata a Adega das Barrocas viaxamos no tempo en marabillosa compaña, coas veciñas e veciños e demais convidadxs que se achegaron a revivir unha xornada cos costumes e tradicións de antano, a recreación do prensado tradicional de uva nos lagares rupestres de Oímbra.
Encantadas co traballo final de manter vivas as nosas costumes colaborando con Concellos e persoas que teñen gañas de facer cousas boas polo Desenvolvemento Rural
A primeira quenda do Xuventur en Covelo foi unha fin de semana en familia, o contacto físico entre descoñecidas propiciou un ambiente natural e acolledor.
Cada vez que unha persoa se interesa polo rural e inviste unha fin de semana para coñecelo e disfrutalo algo nelas muda...Graciñas por compartilo connosco! espero que Xuri volte cruzarse no noso camiño.
Así rematamos a primeira quenda do Xuventur no Xurés: aventuras, superación e a oportunidade de coñecervos.
Comentarios recentes