O noso Blog

Educación Ambiental como batelumes. La Voz de Galicia 1mes 1compromiso

A nosa paisaxe non é pura natureza. Tanto como natureza é cultura. Unha cultura que non agroma da convivencia do home coa sociedade, senón da convivencia do home coa natureza (...). A nosa paisaxe é natureza humanizada, natureza feita cultura”

Un café con, este xoves 5 abril con Rafael Manzano

Comezamos o mes de abril coa nosa actividade "Un café con..." este mes coa compaña de Don Rafael Manzano, unha das persoas máis habituais e coñecidas do casco antigo de Ourense. Nesta ocasión, falaranos da experiencia da súa vida, de como chegar a telo todo e por circunstancias da vida perdelo. Tamén nos falará das súas motivacións, dos seus pensamentos e de como nunca deixar de loitar por acadar a tan preciada felicidade.

3ª edición do Cineforum “Plastic Paradise”

Este mércores 28 de marzo ás 19:00 no local de Sustinea, coma 3ª edición do Cineforum proxectaremos a peli “Plastic Paradise”, de Angela Sun, un filme no que coñeceremos os efectos do noso consumo desmesurado de plástico, para concluír que o problema é moito máis grave do que xamais poderiamos imaxinar.

Cada pedazo de plástico que foi creado desde o século XIX aínda está nalgún lugar do noso planeta. O plástico nunca desaparece... entón, onde vai? Verémolo na peli/documental desta semana.

Roteiro polo Día Mundial da Auga

A xornada de onte destinámola a festexar o Día Mundial da Auga, en colaboración coa Concellería de Turismo (Ourense), cun roteiro ao carón do río Miño, na que xuntas quixemos por en valor a importancia da auga como elemento de Desenvolvemento Sostible, achegándo ás persoas participantes os recursos e puntos de interese patrimonial que temos ao carón do río.

Día da Auga

No país no que a AUGA é arte rendémoslle homenaxe no seu día achegándonos ao Río Loña cun amadriñamento simbólico dun tramo do bosque de ribeira. O CIFP Portovello foi o protagonista desta xornada na que o alumnado comprometeuse na custodia deste espazo natural que aproveitan como recurso para levar a cabo moitas das actividades do centro.

Páxinas

Subscribirse a O noso Blog