O noso Blog

Día da Auga

No país no que a AUGA é arte rendémoslle homenaxe no seu día achegándonos ao Río Loña cun amadriñamento simbólico dun tramo do bosque de ribeira. O CIFP Portovello foi o protagonista desta xornada na que o alumnado comprometeuse na custodia deste espazo natural que aproveitan como recurso para levar a cabo moitas das actividades do centro.

2ª edición do Curso de Formación Teórico-Tráctico en Agricultura Ecolóxica

Dende Sustinea queremos presentarvos unha nova edición do Curso de Formación Teórico-Práctico en Agricultura Ecolóxica con duración de 20 horas, que levaremos a cabo na Asociación de veciños e veciñas A Carlasca e na Horta Ecolóxica da Alfádega na Carballeira, do 16 ata o 20 de abril, de luns a venres en horario de tarde.

O curso será impartido pola nosa compañeira, labrega e especialista en Horticultura e Agricultura Ecolóxica - Raquel Cid.

Adopta unha árbore

O alumnado da Universidade laboral súmase a campaña "Adopta unha árbore".

Actividade para festexar o Día Mundial da Auga

O domingo 25 de abril organizamos con Turismo de #Ourense un roteiro interpretado pola beira do Río Miño para mostrar ás persoas participantes á importancia das augas termais en Ourense. Da man de Calpurnia Abana percorremos os elementos termais, culturais, etnográficos, e naturais máis relevantes que poñen de manifesto a vertebración de Ourense ao redor da auga e o termalismo.

Campaña de Educación Ambiental "Adopta unha árbore"

O amadriñamento dunha árbore na campaña "Adopta unha árbore" consegue que o alumnado de FranciscanasOu valore os espazos verdes como algo imprescindible nas súas vidas e provoca no resto da cidadanía un respecto cara as árbores sabedores do beneficio que supón a conservación e posta en valor destes espazos na cidade para a saúde, a economía e a co

Páxinas

Subscribirse a O noso Blog