O noso Blog

Campo de Traballo de Vilariño de Conso 2018

Un total de 23 persoas chegadas da Coruña, Ourense, Alemaña, Mexico, Francia, Turquía, Serbia, Sevilla, Cantabria, Cádiz, Barcelona, Salamanca, Vizcaya, Madrid e Valencia, chegaron a Vilariño de Conso para compartir connosco durante 12 días a experiencia intercultural no rural do Parque Natural Serra de Invernadeiro, e de desenvolvemento rural sostible nas montañas ourensás.

Campo de Traballo Muíños 2018

De Xapón, Rusia, República Checa, Córdoba, Sevilla, Zaragoza, Madrid, Las Palmas, Cáceres, Barcelona, Lalín, Ourense a... MUÍÑOS!
Acondicionando o roteiro dos Muíños da Torrente e desenvolvendo un amplo dispositivo de difusión para promocionalo, mozos e mozas chegados dende os confíns da Terra, compartiron suor, música, ensinanzas e moita natureza durante 12 días .

"Explora Ourense"- Campamento Muíños- O Xurés.

Ás Sustineanas encántanos o Xurés, por iso, coma cada ano, facemos até o imposible para que as crianzas ourensás o exploren de primeira man! Que mellor sitio que descubrir que un Parque Natural? Pos semella que lles gusta... algúns até repiten! Natureza, aventura, aprendizaxe, convivencia... E mooooita esmorga :)

Etiquetas: 

Biciesperta o 6º sentido

Hoxe sentímonos máis perto da natureza porque onte estivemos a falar con ELA!
vela (observala), oila (escoitala), saboreala, cheirala e ,sobre todo, sentila !!!
Graciñas a todas por vir cos sentidos receptivos, ata o vindeiro encontro :)

Páxinas

Subscribirse a O noso Blog