O noso Blog

Os Centros Educativos coñecen o patrimonio do Río Miño

Continuamos coas visitas aos Centros Educativos da provincia de Ourense, para difundir o patrimonio do Río Miño ao seu paso pola nosa provincia. Estas visitas están dentro do programa de Educación Ambiental "O Río Miño e ti", no que colabora a Deputación de Ourense.
 
Este programa basease en saídas educativas ao entorno do Río Miño, onde os/as participantes coñeceran de forma lúdica, os recursos naturais, culturais, antigos oficios vencellados ao río, tradicións, lendas, etc.
 

IV Xornada Micolóxica en Pena Corneira

Un ano máis, dende Sustinea convidámosvos a participar na IV Xornada Micolóxica do Monumento Natural de Pena Corneira o sábado 15 de novembro, adicada aos “Hábitats particulares das setas e cogomelos”.
 
Coma tódolos anos, contaremos coa colaboración do experto en micoloxía, Juan José Martínez Álvarez –da Asociación Micolóxica Os Cogordos.
 

Realizados os III Monográficos de Fauna Salvaxe

Damos por rematada unha edición máis dos Monográficos de Fauna Salvaxe, que coma cada ano levamos a cabo en colaboración cos nosos colegas de Sorex, Ecoloxía e Medio Ambiente SL.
 
Para poder levar a cabo esta 3ª edición, contamos coa colaboración do programa Iniciativa Xove, da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.
 

Desfrutamos do Xurés dende outra mirada

Esta fin de semana, estivemos desfrutando do Parque Natural do Xurés rodeados de mozo e mozas, co programa O Xurés dende outra mirada, dentro do programa Embárcate 2014, financiado pola Concellería de Xuventude do Concello de Ourense.
 

Intercambio Xuvenil Active Youth for Sustanaible Rural Development

Esta semana rematamos o Intercambio Xuvenil Active Youth for Sustanaible Rural Development. Durante 8 días, estivemos compartindo grandes momentos con persoas marabillosas chegadas de Portugal, Grecia e España, que nos fixeron sentir, realmente apoiados/as e motivados/as para seguir traballando, no que realmente nos gusta e polo que sentimos paixón.
 

Páxinas

Subscribirse a O noso Blog