O noso Blog

2º Monográfico de Mostreo de Fauna Salvaxe: Técnicas de Mostreo de Mamíferos e Micromamíferos

 
Esta fin de semana tivo lugar no Monumento Natural de Pena Corneira, o 2º Monográfico de Mostreo de Fauna Salvaxe: Técnicas de Mostreo de Mamíferos e Micromamíferos, onde contamos unha vez máis, coa colaboración e a profesionalidade de Sorex Ecoloxía e Medioambiente.
 

Compartir automóbil

 

Agradecemos que todo aquel que vaia a levar automóbil ás xornadas de mostreo de mamíferos do 22 e 23 de setembro, se inscriba na aplicación que amosamos a continuación para que outras persoas poidan compartir gastos con vos.

Propón as tuas prazas libres

Atopa a tua viaxe en automóbil compartido

Etiquetas: 

Nova canle Sustinea TV!!

Compañeiros e compañeiras, desde Sustinea queremos inaugurar un novo apartado na nosa web: Sustinea TV, onde poderedes atopar documentais, vídeos e demais recursos filmográficos que son de gran interese para nós, e onde tamén poderedes suxerir os que sexan interesantes pola vosa parte.

Os días 8 e 9 de setembro celebramos 1º Monográfico de Mostreo de Fauna Salvaxe

Durante esta fin de semana celebramos no Monumento Natural de Pena Corneira, o 1º Monográfico de Mostreo de Fauna Salvaxe: Detección e Identificación de Morcegos mediante sondeos acústicos e estacións de captura, onde contamos coa colaboración e a profesionalidade de Sorex Ecoloxía e Medioambiente.
 

Rematadas as prazas para os Monográficos de fauna en Pena Corneira!

Xa están rematadas as prazas para os I Monográficos de fauna de Pena Corneira!
 
A todas as persoas que non podedes asistir nesta 1ª edición, animámosvos a que sigades atentas a nosa web pois haberá máis edicións e oportunidades de poder participar ao longo deste ano e do ano que ven.
 

Páxinas

Subscribirse a O noso Blog