O noso Blog

Próximas actividades para esta primaveira e verán

Dende Sustinea queremos convidarvos a participar nas nosas actividades, que imos a desenvolver na primaveira e no verán.  

Este soamente é un adianto do que serán algunhas das actividades que xa temos confirmadas, e das que continuaremos informando de cada unha delas, con datas, modo de inscripción, contidos, prezos, … estade moi atentas/os, pois son prazas limitadas!

Xuño do 3 ao 5: Semana do Medioambiente en colaboración co Concello de Ourense.

Sustinea participa no Encontro Asociativo Xuvenil en Ourense

Sustinea estará presente este venres 14 de marzo, no Encontro Xuvenil "A Xuventude Móvese" que se desenvolverá no Espazo Xove de Ourense.

Este encontro asociativo pretende configurarse como unha xornada valiosa para a promoción dos recursos ofrecidos desde o departamento de xuventude do executivo autonómico e o nivel de penetración dos programas ofertados.

A idea base, é agrupar durante un día ás entidades xuvenís e axentes vinculados á mocidade da área de influencia do Espazo Xove de Ourense.

Etiquetas: 

Aberto o prazo de inscrición para a formación de Voluntariado 2014

Dende o día 3 ao 28 de febrero, está aberto o prazo de inscrición para a formación "Actuación do Voluntariado para a rexeneración dos montes queimados" organizada por Sustinea, dentro do Plan de Formación 2014 da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Destinatarios/as: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia

Nº. de horas: 20

Nº. de prazas: sen límite

Etiquetas: 

Plan de formación Xuventude e Voluntariado 2014

Xa está disponible o plan de formación de la Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado 2014. Con formación no eido do tiempo libre, na rede de información xuvenil, nos centro Quérote+, na rede de dinamización xuvenil e por suposto formación no ámbito do voluntariado.

 

Podedes consultar aquí o plan de formación.

Formación sobre ordenación do territorio e lexislación

Sustinea colabora coa UNED para a impartición da formación presencial, EL MEDIO AMBIENTE EN GALICIA: ORDENACIÓN DEL TERRITORIO Y LEGISLACIÓN. Durante o curso dotarase aos alumnos dos coñecementos básicos sobre as disposicións legais a considerar en materia de medioambiente no que se refire a avaliación ambiental, responsabilidade administrativa e penitenciaria, lexislación paisaxística, ordenación do territorio, así como na prevención e investigación de delitos.

Etiquetas: 

Páxinas

Subscribirse a O noso Blog