O noso Blog

Comezamos a Campaña de Verán

Hoxe damos comezo coa Campaña de Verán 2014, chea de actividades e persoas procedentes de todo o mundo. Con ilusión, motivación, ideas, máxia, o equipo educativo de Sustinea xa estamos preparadas/os para facer dos Campamentos Ambientais, Campos de Traballo e Intercambios Xuvenís deste verán, unha experiencia inesquecible, no máis amplo sentido da palabra.
 
O noso compromiso educativo progresa este ano cun programa de Campamento Ambiental actualizado en función da realidade do noso Planeta.
 

Campo de traballo na Aldea de Salgueiro

Sustinea organizamos o Campo de Traballo de recuperación etnográfica e ambiental da Aldea de Salgueiro do 15 ao 24 de xullo coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Xunta de Galicia.

Etiquetas: 

Aberto o prazo para Aventúrate na Enciña da Lastra 2014

A partires de hoxe xa podes anotarte para desfrutar do programa “Aventúrate na Enciña da Lastra” para a fin de semana do 28 e 29 de xuño.

Durante esta fin de semana, desfrutarás de belas paisaxes e actividades de turismo activo en pleno corazón do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra, unha das grandes xoias da natureza galega.

Celebración da Semana do Medioambiente

Dende Sustinea en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense, organizamos a Semana do Medio Ambiente cun programa de actividades participativas, divulgativas e de sensibilización que imos a desenvolver durante os días 3, 4 e 5 de xuño co obxectivo de achegar aos/ás cidadáns ao desfrute da Natureza e dos espazos públicos da cidade.
 
Contamos cu amplo programa de actividades, nas que poderedes participar de xeito libre:
 
1) Ecoxincana: “A Liga d@s xusticieir@s ambientais”

Programa de voluntariado ambiental

Continuamos co programa de Voluntariado Ambiental Ourense Vivo no que coa vosa colaboración estamos afondando na situación ambiental do entorno urbano da cidade de Ourense. Este programa está dividido en dúas partes:

Páxinas

Subscribirse a O noso Blog