O noso Blog

III Xornada Micolóxica en Pena Corneira

Outro ano máis, dende Sustinea en colaboración con Juan José Martínez Álvarez –da Asociación Micolóxica Os Cogordos, levamos a cabo as III Xornada Micolóxica do Monumento Natural de Pena Corneira, este pasado domingo 27 de outubro.

Etiquetas: 

Participamos no Congreso Internacional da Xuventude

 Os vindeiros días 25 e 26 de outubro no Concello de Ribeira (A Coruña), celebrarase  Congreso Internacional de Xuventude, baixo o lema “Da educación non formal ao emprego e ao emprendemento”, un espazo de encontro no que os mozos e mozas e as iniciativas e proxectos en materia de xuventude van ter todo o protagonismo que merecen e no denede Sustinea participaremos activamente en diversas actividades.
 

Etiquetas: 

III Xornada Micolóxica en Pena Corneira

Dende Sustinea convidámosvos a participar na III Xornada Micolóxica do Monumento Natural de Pena Corneira o domingo 27 de outubro.
 
A xornada comporase de:
 
Unha introdución teórica sobre as especies máis común de cogumelos en Galicia, facendo, este ano, especial fincapé no grupo das amanitas.

Etiquetas: 

Celebrado o Encontro “Sementando para o Cambio”

Os días 27, 28 e 29 de setembro, levamos a cabo o Encontro “Sementando para o Cambio”, organizado dende Sustinea, que se levou a cabo no Complexo do Corgo en Muíños (Ourense), onde participamos un total de 50 persoas educadoras, monitoras, técnicas, expertas e voluntarias do ámbito da comunicación e da educación ambiental, provintes de Italia, Francia, Portugal, España e Galicia.

Este encontro compúxose de dous eventos:

I Foro Educando na Sostibilidade

Hoxe en día, son numerosas as escolas, concellos, asociacións ou empresas que adican os seus esforzos a difundir e conservar os recursos medioambientais empregando a educación ambiental como unha ferramenta para a educación en valores e como alternativa enriquecedora dentro das actividades de tempo libre.
 

Páxinas

Subscribirse a O noso Blog