O noso Blog

Xornadas Innova na Educación Ambiental

Os días 27, 28 e 29 de setembro, terá lugar no Complexo do Corgo en Muíños (Ourense), as Xornadas Innova na Educación Ambiental: novas ferramentas e técnicas para a Educación Ambiental organizado dende Sustinea, enmarcado dentro do programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia.
 

Seminario Europeo de Educación Ambiental

Os días 27, 28 e 29 de setembro, levaremos a cabo o I Seminario Europeo de Educación e Comunicación para o Desenvolvemento Sostible, organizado dende Sustinea enmarcado dentro do Programa Juventud en Acción.
 
Durante estes días, desenvolveranse alianzas e accións europeas, que partiran dos traballos, ideas e experiencias dos/as participantes, provintes dos catro países europeos colaboradores: Francia, Italia, Portugal e España.
 

Etiquetas: 

Encontro de Educación Ambiental "Sementando para o cambio"

Os días 27, 28 e 29 de setembro, levaremos a cabo o Encontro “Sementando para o Cambio”, organizado dende Sustinea que se vai a levar a cabo no Complexo do Corgo en Muíños (Ourense), onde participaremos educadores/as, monitores/as, técnicos/as, expertos/as e voluntarios/as do ámbito da comunicación e da educación ambiental.
 

Aventúrate na Enciña da Lastra

A partires de hoxe xa podedes anotarvos para desfrutar da 2ª convocatoria do programa “Aventúrate na Enciña da Lastra” para as fin de semana do 31 de agosto ao 1 de setembro.
 
Durante estas fins de semana, desfrutarás de belas paisaxes e actividades de turismo activo en pleno corazón do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra, unha das grandes xoias da natureza galega.
 

Petroglifos de Mondariz como BIC

 
Os petróglifos son un tipo específico de arte rupestre consistente en gravados sobre laxes ó aire libre. A súa cronoloxía segue a ser discutida e poden pertencer a diferentes épocas prehistóricas e históricas, desde finais do Neolítico, pasando pola Idade de Bronce e do Ferro, ata a época medieval.
 

Etiquetas: 

Páxinas

Subscribirse a O noso Blog