O noso Blog

Aventurámonos na Enciña da Lastra

Recén chegados/as e con gañas de voltar a ese lugar tan fermoso: a Enciña da Lastra.
 
Dende o venres ata o domingo, estivemos desfrutando dunha fin de semana rodeados/as de belas paisaxes, desconectando da rutina diaria, e en pleno corazón da reserva natural do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.
 

Realizado o Curso de Director/a de Campos de Traballo 2013

Dende Sustinea en colaboración coa Escola de Tempo Libre Fervenza, levamos a cabo dende o 10 ao 14 de xuño, o Curso de Director/a de Campos de Traballo 2013 que realizamos na U.N.E.D de Ourense.
 

Celebración da Semana do Medioambiente

Durante toda esta semana, dende Sustinea en colaboración co Concello de Ourense, co motivo do Día Mundial do Medioambiente o 5 de xuño, estaremos realizando obradoiros infantís do Re-fogar, unha serie de obradoiros de reutilización, reducción, reciclaxe e recuperación de obxectos cotiás para convertilos en obxectos de xogo, fomentando a súa vez, nos/as máis cativos/as do concello, o interese por actividades de ocio saudables ao aire libre.
Os lugares dos obradoiros son:
 

O Biofestival no Reperkusión 2013

Esta fin de semana do 10 ao 12, participamos no Reperkusión 2013 con un proxecto piloto denominado Biofestival, no que implementamos baños secos e duchas solares creadas a través de materiais de refugallo, para  fomentar a reducción de auga e consumo enerxético , e que funcionaron á perfección e foron moi ben acollidas pola xente do festival.
 

Biofestival de Sustinea no Reperkusión

Sustinea participará no Reperkusión 2013 con un proxecto piloto denominado Biofestival, no que se implementarán baños secos e duchas solares para fomentar a reducción de auga e consumo enerxético. Realizaremos tamén un programa para concienciar acerca da importancia e necesidade da participación cidadá na xestión dos residuos que se xeneran durante os 3 días do Festival, promovendo a reducción, a reutilización e o reciclado para reducir o impacto ambiental neste tipo de eventos.

Páxinas

Subscribirse a O noso Blog