Un baño seco caracterízase por non utilizar auga para a evacuación de excrementos e ouriños; o que fai que se aforre aprox. 13 litros de auga por cada vez que se tira da cisterna. Así mesmo non contamina o medio, non propicia a aparición de insectos, nin malos olores e o seu custo é baixo.
Dende Sustinea abrimos o prazo de preinscrición para o Curso de Director/a de Campos de Traballo que se realizará na cidade de Ourense, na 1ª quincena do mes de xuño. As persoas interesadas poderán presentar a solicitude a través do noso enderezo electrónico info@sustinea.orgata as 14 horas do venres 17 de maio, e propoñer os horarios e as datas que máis se axeiten as súas posibilidades.
Con motivo do Día da Terra, dende Sustinea queremos celebralo dun xeito moi especial, e é facendo mención neste día, ao labor de todas as persoas voluntarias que ao noso carón, contribuiron á recuperación e rehabilitación de Bemposta, levando a cabo accións de voluntariado nos meses de marzo e abril.
O programa “Aventúrate na montaña”, dirixido a todos os públicos, oferta actividades de turismo activo en Parques Naturais da provincia de Ourense. Durante varias fins de semana, permitirache o contacto coa natureza ao mesmo tempo que combinarás o lecer, o deporte e mailo coñecemento do noso patrimonio natural.
Este 21 de marzo, Sustinea e a Asociación de Discapacitados de Ourense (A.D.O.), celebramos xuntas o Día Mundial da Árbore. Dende Sustinea quixemos apoiar este día recordando a importancia de coidar e preservar as nosas árbores, xa que estas son fundamentais para a vida no noso planeta. É por esta razón que pensamos que non había mellor forma de festexar este día, que plantando árbores autóctonas e desfrutando dunha mañá en contacto coa natureza.
Comentarios recentes