O noso Blog

Sustinea traballa nos seus computadores con Ubuntu

 
Dende hoxe, Sustinea traballa nos seus computadores con Ubuntu, o sistema operativo baseado no sofware libre de Linux, sen dúbida o mellor agasallo do nadal!
 

Conclúen as II Xornadas Micolóxicas de Pena Corneira

 
Durante os días 24 e 25 de novembro celebramos as II Xornadas Micolóxicas de Pena Corneira, onde participaron un total de 35 persoas nas dúas actividades programadas: Obradoiro de Fotografía Outonal e a actividade máis esperada da tempada, a Saída Micolóxica.

Os días 24 e 25 de Novembro celebraremos as II Xornadas Micolóxicas

 
Dende Sustinea convidámosvos a participar nas II Xornadas Micolóxicas de Pena Corneira:
 
Sábado 24 de Novembro
 
Obradorio de fotografía outonal, onde poderas aprender o manexo da túa propia cámara de fotos, calquera que sexa, nun entorno outonal cheo de vida, cores e paisaxes coma é o Monumento Natural de Pena Corneira.
 
Contaremos coa colaboración da Asociación Fotográfica Os Potiños.
 
Domingo 25 de Novembro
 

II Xornadas Micolóxicas de Pena Corneira

 
Adiantamos que a finais de novembro, dende Sustinea celebraremos as II Xornadas Micolóxicas de Pena Corneira, onde contaremos unha vez máis coa colaboración da Asociación Micolóxica Os Cogordos. 

En breves confirmaremos datas e as actividades previstas, así que facede un oco na vosas axendas para desfrutar dunha actividade outonal xuntas e xuntos.

Sustinea convídavos ao Paseo outonal polo Ribeiro do Avia

 
O día 14 de outubro celebrarase o Paseo outonal polo Ribeiro do Avia, que camiñará por sitios tan emblemáticos coma Pena Corneira, Balneario de Verán, viñedos de Emilio Rojo, e que deixarán ao camiñante/a  unha pegada difícil de esquecer.
 
Para máis información podedes revisar o documento: "Díptico Andaina"
 
Desfrutade dos aromas e sas cores que o Monumento Natural nos oferta no outono!

Etiquetas: 

Páxinas

Subscribirse a O noso Blog