O noso Blog

Rematadas as prazas para os Monográficos de fauna en Pena Corneira!

Xa están rematadas as prazas para os I Monográficos de fauna de Pena Corneira!
 
A todas as persoas que non podedes asistir nesta 1ª edición, animámosvos a que sigades atentas a nosa web pois haberá máis edicións e oportunidades de poder participar ao longo deste ano e do ano que ven.
 

Últimas prazas para os Monográficos de Fauna!

Se aínda estades interesadas/os nos Monográficos de Fauna, BULIDE! pois soamente quedan 3 prazas para o 1º Monográfico de morcegos 8 e 9 de setembro.

Para as persoas que vos quededes sen praza, entraredes directamente na lista de persoas en reserva, que en caso de non poder asistir nestes Monográficos, seredes as/os primeiras/os en participar nas seguintes edicións.

Lanzamos a nosa páxina web!!

Durante os últimos meses, estivemos a traballar na realización da nosa web. O noso obxectivo foi ofertar un espazo útil que posibilitase @s nos@s usuari@s unha navegación sinxela e útil, e que a súa vez fose o ámbito idóneo onde ofertarvos o mellor servizo.

Etiquetas: 

Día Internacional do Medioambiente

No Día Internacional do Medioambiente, Rebeca Carreiro (Responsable Técnica de Sustinea) resposta ás preguntas de Agareso ao respecto da situación medioambiental de Galicia e da nosa propia organización. Pulsa aquí para ver a nova completa

Etiquetas: 

Desenvolvemento local

Desde Sustinea pensamos globalmente e actuamos localmente para axudar a emprender camiños construidos polo progreso e o respecto polo entorno. Prestamos un servizo, cuxo obxectivo é promover o desenvolvemento económico, social e ambiental, potenciando os recursos locais, fomentando a iniciativas sostibles. Traballamos coa colaboración de todos os sectores da comunidade local para desenvolver diversos plans de acción, integrando a perspectiva ambiental, social, cultural e económica, posibilitando unha comunidade sostible.

Páxinas

Subscribirse a O noso Blog