O noso Blog

Divulgamos

Poder explicar as diversas realidades ambientais, as súas causas e efectos de forma sinxela e amena para os diferentes públicos, é un reto fascinante co que camiñamos da man.

A divulgación é un instrumento que nos permite crear unha concienciación ambiental e social, así coma fomentar comportamentos e actitudes respetuosas co Medio Ambiente, precisas para encamiñarnos cara un Desenvolvemento Sostible.

É por isto que o proceso educativo de Sustinea, baseado na participación, e na acción social, constitúe un instrumento preciso para posibilitar o Desenvolvemento Sostible.

I Monográficos de mostreo. Achegándonos á fauna salvaxe

Sustinea convídavos a participar nos I Monográficos de Mostreo da Fauna Salvaxe que se celebrará no Espazo de Participación Ambiental Pena Corneira en pleno Monumento Natural de Pena Corneira. Terán lugar durante tres fins de semana no mes de setembro, adicada cada unha delas a un grupo animal:

 

8-9 Setembro

Detección e Identificación de Morcegos mediante sondeos acústicos e estacións de captura.

 

Conservamos

A nosa preocupación pola natureza que nos rodea e a súa defensa para integrala nos proxectos de futuro é un estímulo constante no noso traballo.
 
O obxectivo é o de facilitar a conservación de paisaxes representativas da nosa inmensa herdanza biolóxica, cultural e de diversidade; fomentar o desenvolvemento económico e humano , que é culturalmente e ecoloxicamente sostible e fornecer soporte a investigación, seguimento educación e intercambio de información.
 

Sustinea presente no Día Europeo da Educación Ambiental en Lyon (Francia)

 
Dende o día 3 ata o 7 de marzo de 2013, estaremos participando na organización e realización do Seminario a nivel europeo que se levara a cabo no marco do Día Europeo da Educación Ambiental, e a 3 ª Conferencia sobre Educación Ambiental para o Desenvolvemento Sostible organizada por Seed CFEEDD y Rhône-Alpes, en colaboración coa Rexión Rhône-Alpes Lyon e Maiores, e que se vai a celebrar en Lyon (Francia) na que participaran máis de 15 países.
 

Páxinas

Subscribirse a O noso Blog