"Descubre a costa connosco" agarda por ti este verán nunhas instalacións ao pé do MAR para darlle a oportunidade ás nenas e nenos de pasar 6 días con actividades lúdicas e educativas nun contexto tan fermoso como a praia de Aguieira en Porto do Son.
Outro ano máis, o Campamento Explora Ourense abre o seu prazo de inscrición para que 50 nenos e nenas da provincia de Ourense descubran un dos recunchos máis fermosos da nosanatureza, o Parque Natural da Baixa Limia - Serra do Xurés.
Dende Sustinea estamos orgullosas de presentarvos un proxecto no que levamos tempo traballando e que sabemos será moi enriquecedor en moitos sentidos. Son as Noadas, encontros vivenciais e creativos de/para/entre mulleres que levaremos a cabo na cidade de Ourense unha vez ao mes.
Comentarios recentes