O noso Blog

Actividades Sustineicas

Temos programadas unhas fantásticas actividades para mozos e mozas de entre 16 e 30 anos. Informádevos en Susti e animádevos a participar.

Nova edición de Galeuropa

A Galeuropa é un Programa de mobilidade transnacional xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e Iniciativa de Emprego Xuvenil, coa finalidade da realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas/entidades públicas ou privadas de países Europeos e que ten como obxectivo principal reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais da nosa mocidade Galega.
OBXECTIVOS QUE SE PRETENDEN ACADAR:

Proxecto de "Horta ecolóxica para a inclusión"

O Proxecto de "Horta ecolóxica para a inclusión" é un proxecto financiado pola Unión Europea en coordinación coa Consellería de Economía, Emprego e Industria no que traballamos no Desenvolvemento de programas na
horta ecolóxica para colectivos en risco de exclusión social.

VI Xornada Micolóxica no Pereiro de Aguiar

Xa vos podedes inscribir para acompañarnos un ano máis, na VI Xornada Micolóxica que levaremos a cabo o 3 de novembro de 10:00 a 17:00 no Concello do Pereiro de Aguiar
 
Comezaremos a xornada no albergue de Ordelles, cunha charla formativa sobre os cogomelos, para a continuación saír ao monte a aprender a identificar os cogomelos in situ e recollelos.
Xantaremos polo camiño para desfrutar do outono cun bo petisco.

II Quenda Corpo e Mente

Aquí vos deixamos unha imaxes do que foi a 2ª Quenda do Corpo e mente, detro do programa Xuventur que levamos a cabo en Covelo en colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Páxinas

Subscribirse a O noso Blog