
Se tes máis de 18 anos e sénteste comprometido co Medioambiente e a Cultura, se pensas que a natureza é un ben común que todos e todas temos o dereito de gozar e o deber de protexer, se cres que é necesario actuar para preservar o noso patrimonio, inscríbete aquí e participa.
Dende Sustinea propomos levar a cabo o Plan de Voluntariado Ambiental na Recuperación Paisaxística de Bemposta, cunha serie de actividades que están encamiñadas á recuperación patrimonial e ambiental da antiga Cidade dos Muchachos de Bemposta en Ourense.
Estas actividades pretenden converterse no marco do fomento e apertura de novas fórmulas de participación dos/as cidadáns, en accións de voluntariado que contribúan ao coñecemento, desfrute e posta en valor do patrimonio da antiga Cidade dos Muchachos, xerando vínculos emocionais e posibilitando actitudes e comportamentos activos, mediante a creación dun tecido social a favor da recuperación, a xestión sostible e a divulgación dos valores do noso patrimonio.
A quen vai dirixido?
Persoas que queiran participar de xeito altruísta, comprometido e solidario.
Grupos de 20 persoas por día.
Cando podo participar?
Daremos comezo coa 1ª etapa do Voluntariado a fin de semana do 2 e 3 de marzo ata o 20 e 21 de abril.
2 e 3 de marzo
16 e 17 de marzo
6 e 7 de abril
20 e 21 de abril.
Que horarios ten?
Sábado de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 18.30
Domingo de 10.00 a 14.00
Onde é?
Na Cidade dos Muchachos en Bemposta (Ourense)
Teléfono de información: 668 874 900
Descrición das tarefas a realizar:
Necesitamos a participación dos/as voluntarios/as nas accións seguintes:
- Eliminación de especies invasoras.
- Limpeza e acondicionamento das zonas axardinadas.
- Retirada de residuos.
- Realización de pintura de cal e pintado de muros, bordes de beirarúas, etc.
- Limpeza en muros de malas herbas.
- Reparación de infraestruturas existentes na zona exterior.
Ademais a 1ª fin de semana, realizaremos unha ruta interpretada pola Cidade de Bemposta, achegando a todas as persoas voluntarias á historia emocionante do antigo Circo dos Muchachos.
Todas estas actividades son de balde, así coma os materiais a empregar e o xantar de cada día.
Agardamos a vosa colaboración!!
Comentarios recentes