1º Concurso "Naturaliza Ourense"

Que é?
É un concurso que difunde e fomenta as boas prácticas ambientais da cidadanía ourensán para a naturalización da nosa cidade de Ourense.
 
Quenes poden participar?
A cidadanía en xeral, con motivación e creatividade para crear novos espazos verdes na cidade, ou mellorar dun xeito creativo os que xa existen.
 
 
Cando é?
O día 30 de maio con comezo ás 18:00 no Xardín do Padre Feijoo, con todo o material para a creación, ata remate.
 
Cal é a temática deste ano?
Este ano o concurso estará adicado ás árbores da nosa cidade. O nome da temática do 2017 é “Árbores que conVIDAn”.
 
En que consiste o concurso?
Este ano en base a temática adicada, e a nosa Campaña Adopta unha árbore, queremos crear un concurso que ao mesmo tempo que premia a creatividade e á participación cidadá, poda servir de recurso para a sensibilización ambiental e a concienciación da necesidade de crear e manter os espazos verdes na nosa cidade, e de naturalizala, para o resto da cidadanía ourensá.
 
Para facelo máis visible, a actuación será na Rúa do Paseo de Ourense, onde cada participante ou grupo, escollerá unha árbore con alcorque libre, no que en base á temática, daranlle unha vida renovada a cada árbore.
 
Que criterios se valorarán?
Os criterios serán os que se valorarán para dar o premio:
 
Creatividade: A creatividade será unha parte fundamental neste concurso. Queremos valorar esas mentes artísticas e creativas, que de nada poden facer algo moi grande e valioso.
 
Decoración sostible: Neste criterio temos varios puntos a tratar:
 
- O uso de elementos naturais ou que se atopen na natureza, coa lóxica de non cortar nen matar para poder usalo.
- Darlle unha segunda vida aos refugallo, cunha confección artística dos mesmos.
- Uso de refugallos.
- Mensaxe que contribúa á sensibilización da cidadanía.
 
Xurado
O xurado estará composto por 4 persoas, todas elas profesionais da Educación Ambiental. Serán 2 persoas provintes de Sustinea e 2 provintes da Concellería do Mediomabiente do Concello de Ourense. O fallo do xurado terá lugar o día 6 de xuño. O resultado será notificado persoalmente a/o gañadora/o ou grupo, e publicado na nosa web de sustinea.org e redes sociais (facebook).
 
Cal é o premio?
O premio é unha cesta de produtos locais e ecolóxicos, que se entregará o día 6 de xuño.
 
Condicións
- A montaxe será o día 30 de xuño con comezo ás 18:00 ata remate da mesma.
 
- A desmontaxe será o día 6 de xuño e correrá por conta de cada participante ou grupo participante, e non poderá quedar ningún rastro da creación, o mesmo que residuos, ou obxectos colgados nas árbores.
 
- As creación e os materiais dos mesmo, correrán por cargo de cada participante ou grupo participante. Lembrando que un dos criterios será o uso de refugallo e darlle segunda vida aos mesmos.
 
- Sustinea fará un cartaz que se colocará en cada árbore co nome do/a participante ou grupo participante e o título da creación.
 
Código ético
- Non se poderá colgar nada na árbore que dobre as polas e moito menos cravar na mesma, o respecto pola árbore é prioritario, se de non cumprirse será efecto de baixa do concurso.
 
- O respecto e a conservación da integridade das árbores e os espazos verdes e os seus valores deben prevalecer sobre a práctica da creación artística. Non debemos deixar ningún tipo de residuo nin rastro algún, no momento da creación e cando remate o día 6 de xuño, á hora de recoller o feito.
 
- Debemos dar exemplo coas nosas actitudes. Durante o día da montaxe, desmontaxe e durante a exposición da mesma, debemos comportarnos cívicamente ao mesmo tempo que nos metemos no papel de Educadores/as Ambientais, respondendo ás preguntas que a cidadanía non farán pola intriga do que estamos facendo. Lembrade que tamén temos que difundir e fomentar as boas prácticas ambientais na nosa cidade.
 

Como me podo inscribir?
Enviando un correo a info@sustinea.org con nome e apelidos da persoa participante ou grupo participante con data límite o 29 de maio ás 12:00. Ou chamando ao 988 782 964.

 

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.