2ª edición do Curso de Formación Teórico-Tráctico en Agricultura Ecolóxica

Dende Sustinea queremos presentarvos unha nova edición do Curso de Formación Teórico-Práctico en Agricultura Ecolóxica con duración de 20 horas, que levaremos a cabo na Asociación de veciños e veciñas A Carlasca e na Horta Ecolóxica da Alfádega na Carballeira, do 16 ata o 20 de abril, de luns a venres en horario de tarde.

O curso será impartido pola nosa compañeira, labrega e especialista en Horticultura e Agricultura Ecolóxica - Raquel Cid.

Finalizado o curso de formación, serán entregados os certificados de asitencia a todas as persoas participantes.

Aportación: 30€

Prazas limitadas!

Data límite de inscrición: 11 de abril ás 14:00h

Informacións e inscricións: info@sustinea.org ou no 988 782 964

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.