2ª Edición do ECOMercado do Pereiro de Aguiar

Reservade a data!!!
 
O domingo 4 de xuño estaremos festexando o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), coa 2ª Edición do ECOMercado do Pereiro de Aguiar, en colaboración co Concello do Pereiro de Aguiar.
 
Será en horario de 10:30 a 15:30. Reservade data e gardade as vosas compras para facer nese día ;)
 

E se sodes produtores/as de ecolóxicos ou artesáns locais, e queredes por un postiño, seredes benvidas/os!! Poñédevos en contacto connosco no 988 782 964 ou info@sustinea.org. É de balde!
 
Ademais haberá obradoiros e foliada. Non faltedes!

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.