2ª Obradoiro de cociña alternativa e biosaudable

Este sábado 19 de marzo levamos a cabo o 2ª Obradoiro de cociña alternativa e biosaudable de primaveira, en colaboración co Concello de Pereiro de Aguiar no Albergue de Ordelles.

Neste obradoiro participaron un total de 23 persoas encantadoras, coas que compartimos a nosa filosofía culinaria natural, baseada no emprego de produtos integrais, de cultivo ecolóxico, local e de tempada, sustentables co Medioambiente, coa intención de achegar uns coñecementos e unha filosofía de entender a cociña a través de menús gastronómicos doados de aplicar no noso día a día ou incluso en eventos especiais.
 
Durante a xornada, primeiro elaboramos menús deliciosos, naturais e saudables, dende almorzos enerxéticos, ata xantares e ceas desintoxicantes e nutritivas, e uns aperitivos alternativos que nos aportan nutrintes e minerais esenciais para o noso organismo. Despois desta elaboración, tocou a parte de degustación do elaborado, e podemos dicir que todo estivo riquísimo e cunha moi boa presentación. Sodes grandes cociñeir@s!!!
 
Con este obradoiro, quixemos contribuír á difusión de entender o acto de cociñar de forma consciente, desde a elección das materias primas, ao momento para comer, pasando pola importancia da intención no momento de cociñar, entendendo este acto como unha alquimia que vai achegar non só nutrientes, tamén benestar emocional, físico e espiritual, sen esquecernos da importancia á hora de presentar os pratos elaborados.
 
Agradecemos a todas as persoas que participastes, pola vosa enerxía e o bo ambiente creado, agardamos vervos nas seguintes!!