
Esta fin de semana tivo lugar no Monumento Natural de Pena Corneira, o 2º Monográfico de Mostreo de Fauna Salvaxe: Técnicas de Mostreo de Mamíferos e Micromamíferos, onde contamos unha vez máis, coa colaboración e a profesionalidade de Sorex Ecoloxía e Medioambiente.
Durante estes dous días, reuníronse gran variedade de persoas interesadas pola natureza e polas interrelacións dos animais con ela, e onde da man de Xosé Pardavila, aprendendimos a empregar diferentes técnicas para saber que animal ou especie forman parte do ecosistema de Pena Corneira sin velos directamente.
A interpretación dos diferentes rastros e sinais atopados, deunos información sobre comportamentos, perigos, hábitos alimentarios ou territorialidade dalgunhas das especies que forman parte deste ecosistema. Para isto, realizamos unha saída práctica para o coñecemento e emprego destas técnicas de estudo, así como a instalación das mesmas: trampas de pelo, de cheiro, feromonas, fototrampeo, caixas para micromamíferos, etc., ademais, recollimos unha serie de grabacións dalgunhas das especies existentes no Monumento Natural e que podedes ver na galería de imaxes. Estas foron algunhas das actividades realizadas durante a fin de semana.
Agradecemos a implicación e o entusiasmo desmostrado sempre por Sorex Ecoloxía e Medioambiente, así coma a súa profesionalidade e o ofrecementos dos seus coñecementos.
Agardámosvos na seguinte fin de semana en Pena Corneira!
Comentarios recentes