3ª edición do Cineforum “Plastic Paradise”

Este mércores 28 de marzo ás 19:00 no local de Sustinea, coma 3ª edición do Cineforum proxectaremos a peli “Plastic Paradise”, de Angela Sun, un filme no que coñeceremos os efectos do noso consumo desmesurado de plástico, para concluír que o problema é moito máis grave do que xamais poderiamos imaxinar.

Cada pedazo de plástico que foi creado desde o século XIX aínda está nalgún lugar do noso planeta. O plástico nunca desaparece... entón, onde vai? Verémolo na peli/documental desta semana.

Pedimos tamén a todas as persoas que asistades que traiades un donativo de comida para os almorzos do comedor social de Ourense. Prégase a confirmación da asistencia a info@sustinea.org

Para máis info: info@sustinea.org ou no 988 782 964

Agardámoste no noso local na Avd das Caldas nº8 entrechán dereita ;)

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.