Aberta a inscrición á formación para voluntariado

Xa está aberta a inscrición ao novo curso en liña para o voluntariado que impartiremos dende Sustinea, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia: 'Actividades na natureza como ferramenta de inserción para colectivos en risco de exclusión social'
 
O prazo de inscrición estará aberto do 1 ao 30 de abril ás 14.30 horas
Destinatarios/as: Preferentemente persoal técnico e voluntarios/as das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia

Nº. de horas: 20

Nº. de edicións: 1

Nº. de prazas: sen límite

Contidos:

MÓDULO I: Introdución aos colectivos en risco de exclusión social. Beneficios das actividades na natureza
MÓDULO II: Planificación das actividades
MÓDULO III: Actividades para as persoas con dificultades sensoriais
MÓDULO IV: Actividades para as persoas con dificultades motoras
MÓDULO V: Actividades para persoas con trastornos de desenvolvemento intelectual

Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org

Data de inscrición: do 1 ao 30 de abril

Data prevista de realización: do 4 ao 29 de maio ás 14:30

Máis información e formulario de inscrición pincha aquí.