Aberto o prazo de inscrición para o Voluntariado de recuperación da aldea de Salgueiro

Sustinea en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a Secretaría Xeral de Medio Rural e de Montes pon en marcha este verán o programa de “Voluntariado de recuperación do patrimonio cultural e ambiental na aldea de Salgueiro”.
O programa levarase a cabo na área de reserva integral onde se atopa a aldea cunha serie de actividades de fin de semana que están encamiñadas á formación e sensibilización ambiental dos participantes, e á toma de concienciación sobre a importancia da conservación e protección do patrimonio galego.
Con este programa o que se pretende é que se conforme un exemplo práctico e vivencial da recuperación da Aldea de Salgueiro, que é parte integrante do desenvolvemento suntentable da Reserva da Biosfera Xurés-Gerês.
 
ACTIVIDADES A DESENVOLVER
Os espazos naturais son o soporte da vida silvestre, e conservalos é tarefa de todos e todas. O voluntariado ambiental bríndanos a oportunidade de fomentar a participación activa da sociedade no coidado e conservación destes refuxios de biodiversidade, permitindo gozar de espazos naturais privilexiados traballando ademais pola súa conservación e mellora.
Para iso as actividades a desenvolver serán as seguintes:

Traballos de Conservación:
 
- Acondicionamento de refuxios para anfibios- Adaptación dos puntos de auga e fontes para a saída de anfibios.
- Sondaxe de carnívoros medianos – Instalación de cámaras fototrampeo para o seguimento de carnívoros medianos. Seguimento e estudo dos rastros e sinais de fauna atopados no Parque Natural do Xurés. Recollida dos rastros e sinais de fauna atopados no Parque Natural do Xurés durante o Voluntariado, para a creación dunha exposición dos mesmos.
- Seguimento e estudo dos rastros e sinais de lobo no Parque Natural do Xurés.
-Creación dun viveiro de especies autóctonas. Creación e construción dun viveiro para a rexeneración de montes queimados no Parque Natural do Xurés.
- Reforestación das áreas queimadas. Reforestaranse sementes de especies autóctonas os arredores queimados nos últimos anos empregando o método do Nendo Dango que permite protexer as sementes das condicións climáticas adversas e da inxesta por parte dos animais.
- Construcción e colocación de caixas niño e comedeiros para as aves nas áreas queimadas- Construiranse e colocaranse o modelo de madeira de caixas niño máis adaptado ás aves do Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés segundo os criterios técnicos do persoal do parque.

Traballo na aldea:

- Teitado de palla do forno e do muíño. Recubriranse con palla de centeo o teito do forno e do muíño, minimizando o impacto visual da uralita que os recobre.
- Acondicionamento dos camiños. Limpeza, desbroce e asentamento dos camiños que comunican o forno co muíño- Protección das especies frondosas.
- Construción de baños secos e duchas solares.

Actividades complementarias:

- Vixilancia disuasoria contra os incendios forestais.
- Orientación e cartografía con GPS e compás.
- Recoñecemento de flora e fauna de montaña
- Observación de ecosistemas forestais e interpretación da paisaxe
- Roteiros pola montaña
- Avistamentos de fauna nocturna
- Baño nas termas mineromediciñais e nas pozas naturais do Parque Natural do Xurés.

DESTINATARIOS/AS

Grupos de 6 persoas voluntarias maiores de 18 anos que estean intersados/as no coñecemento, conservación e o estudo do Medioambiente.

QUENDAS
Do 14 ao 16 de agosto
Do 4 ao 6 de setembro
Do 11 ao 13 de setembro
Do 18 ao 20 de setembro
Do 25 ao 27 de setembro

Para máis información e inscrición pinchando aquí
 

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.