Aberto o prazo para Aventúrate na Enciña da Lastra 2014

A partires de hoxe xa podes anotarte para desfrutar do programa “Aventúrate na Enciña da Lastra” para a fin de semana do 28 e 29 de xuño.

Durante esta fin de semana, desfrutarás de belas paisaxes e actividades de turismo activo en pleno corazón do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra, unha das grandes xoias da natureza galega.

Ven e desfruta de rutas polas súas montañas; adéntrate nas súas covas coa espeleoloxía; sinte que voas por enriba dos seus ríos co puenting; explora os seus rápidos e canóns co kaiak e saborea a súa gastronomía e os seus viños na Festa das Covas do Castro.
 
Así que xa sabes, se eres unha persoa que che gustan manter un contacto directo coa natureza, o coñecemento do noso patrimonio natural e rural e mailo deporte de aventura, combinado con actividades de lecer, este é o teu lugar. 
 
Aproveitade esta nova oportunidade por 90 euros. As prazas son limitadas a 15 persoas!!!
 
Para máis información e inscricións:
info@sustinea.org
988 782 964 // 668 874 900