Actividades en Familia

Propoñémosvos para esta tempada de Nadal varias actividades para facer en Ourense, en compañía das persoas as que máis queredes e coas que vos gusta compartir o máximo de tempo posible.
 
Xa sabemos que xantaredes en familia e que abriredes os agasallos de Nadal xunt@s, aínda así, queremos que defrutedes con nós doutras formas creativas, divertidas e sostibles co Medioambiente, para que en familia, gocedes a compañía uns/unhas doutr@s durante a tempada do Nadal. Por iso queremos presentarvos o programa Actividades en Familia:
 
* Fabrico os meus xoguetes - especial Nadal
 
A base destes obradoiros son a sensibilización e información sobre a redución e separación de residuos, onde tratamos a reciclaxe e a súa relación coa creatividade e a educación.
Estes obradoiros baséanse nunha comunicación persoalizada, cunha temática centrada na Reutilización, Redución, Reciclaxe- as tres R- ás cales nos lle engadimos tres máis: Recapacitar, Rexeitar e Reparar; estes obradoiros están dirixidos a pequenos grupos co fin de que a acción sexa o mais personalizada posible. Faremos agasallos, xoguetes, decoración navideña, etc., todo con materiais de refugallo.

  • Duración do obradoiro

De 17:00 a 19:00

  • Data

Venres 16 de decembro

  • Material a levar

Material de refugallo a concretar

  • Prezo

12 euros
 
Número de prazas limitadas!
 
 
* Obradoiro de Cociña Consciente Especial Nadal

 
O obxectivo deste obradoiro de cociña consciente para o nadal, é dar a coñecer unha nova cociña creativa, saudable e diferente para estas festas. É un obradoiro práctico, ideal para quen queira innovar na súa cociña, e queiran sorprender ao seus convidados cunha alternativa sa e actual.
A todos e todas nos gusta comezar un bo xantar cuns ricos petiscos, pero as veces cústanos pensar de que xeito podemos levar eses pequenos bocados á mesa, como antesala do xantar principal e para que os/as nosos/as convidados/as vaian abrindo o apetito, pero sen perder de vista unha alimentación saudable.
Este obradoiro salienta o uso de ingredientes saudables e nutritivos, na preparación de receitas vistosas e moi saborosas, ideais para este nadal.
 
Faremos uns petiscos moi sans e festivos que che sorprenderán polo saborosos que estarán, con novos sabores, coloridos e frescos, utilizando produtos locais e de tempada. Ademais, neste obradoiro poden participar @s vos@s fill@s, axudándovos, cociñando ou simplemente dándovos apoio e alegría.
 
Seredes @s anfitrións/as máis solicitad@s!
 
Ademais, ao rematar o obradoiro degustaremos os deliciosos petiscos elaborados.
 

  • Duración 

De 17:00 a 19:30 horas

  • Data

Mércores 21 de decembro

  • Material a levar

Mandil
Táboa de cortar
Envases para levar o sobrante

  • Prezo

20 euros adultos e 10 euros nenos/as ata os 9 anos
 
Número de prazas limitadas!
 
* Xincana de orientación en familia “Familias exploradoras”
 
As carreiras de orientación son actividades moi divertidas e completas, cuns beneficios sobre as persoas tanto físicos como intelectuais.
 
Independentemente da actividade física realizada, as carreiras de orientación son actividades onde se fomentan valores como o compañeirismo, superación persoal, traballo en equipo, solidariedade, mellora a comunicación, e dado que se desenvolven no medio natural, o respecto pola natureza.
 
As actividades realízanse pola cidade de Ourense e terán unha duración aproximada de 4 horas, nas que pais, nais e fillos/as o pasarán en grande e traballarán en equipo utilizando mapas, brúxulas e balizas. Descubrirán cos/as nenos/as os rastros ocultos da natureza. Como probas tamén se entregará unha lista con exemplos a buscar, a cal estimulará nos nenos o pensamento creativo e a observación coidadosa. Terán que ir recompilando (coa axuda dos pais e das nais) restos da natureza do lugar, diferentes tipos de follas, piñas, froitos do bosque, restos de animais, peles, etc. De xeito sinxelo ensinaremos ás familias a identificar as especies vexetais e animais que podemos atopar. Tamén analizaremos que calidade ten a auga dos regatos da zona e coñeceremos os diferentes líquenes que crecen na contorna.
 
Todo isto compartirase en grupo ao final, poñendo en común a importancia de coñecer para conservar de forma educativa para todos.
 

  • Duración

De 10:00 a 14:00

  • Data

Sábado 7 de xaneiro

  • Prezo

12 euros adultos e 6 euros nenos/as ata os 9 anos

 
Para facer a inscrición tedes que cubrir este formulario https://goo.gl/forms/9KRJKtdy0MbRDyQR2
 
Para máis información:
info@sustinea.org
Telf.: 988 782 964

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.