
O alumnado da Universidade laboral súmase a campaña "Adopta unha árbore".
Aos poucos estamos construíndo unha rede de centros comprometidos co medio que deciden investir tempo en implicar á comunidade educativa no coidado e conservación da natureza.
A adopción dun espazo verde é un símbolo de respecto cara as árbores sabedores do beneficio que supón a conservación e posta en valor destes espazos na cidade para a saúde, a economía e a cohesión social.
Se es unha docente e tes interés en que o teu alumnado amadriñe unha árbore perto do voso centro educativo ponte en contacto connosco 988 782 964
Engadir un novo comentario