Algunha vez pensaches que as bibliotecas son aburridas? Imos facelas VIVAS!

A semana pasada xa vos presentaramos o noso proxecto "BibliotecasVivas". Un proxecto de recompilación das memorias dos nosos maiores que viven connosco e nas nosas aldeas.
 
Queremos presentarvos hoxe a plataforma web GOTEO na que dende mañá poderedes participar activamente co proxecto, con diferentes niveis de cofinanciación e recompensas coas que poderedes contribuír para levar a cabo este proxecto.
 
Dende MAÑÁ 28 de abril haberá 6 diferentes niveis de participación caracterizados por diferentes recompensas, dende un nivel básico ata un último co que poderedes elexir unha persoa maior que coñezades para entrevistala. Imos ver cada nivel por separado:
 
Nivel 1: Recibirás o título “Fundador”.
 
Nivel 2: Recibirás o recoñecemento “Fundador” na páxina web da asociación e do proxecto + a chapa con el logo de "BibliotecasVivas".
 
Nivel 3: Recibirás o recoñecemento "Fundador" na páxina web da asociación e do proxecto + a chapa con el logo de "BibliotecasVivas" + o calendario personalizado de "Bibliotecas Vivas".
 
Nivel 4: Recibirás o recoñecemento "Bibliotecario Principal" + a chapa + o calendario personalizado de "Bibliotecas Vivas" e a camiseta de unidades limitadas co logo "BibliotecaVivas", para que poidas sempre mostrar o teu apoio ao noso proxecto!
 
Nivel 5: Recibirás o recoñecemento "Bibliotecario Principal" + a chapa + o calendario de "Bibliotecas Vivas" e a camiseta de unidades limitadas co logo "BibliotecaVivas", para que poidas sempre mostrar o teu apoio ao noso proxecto! Ademais poderás facer unha visita guiada co equipo de Sustinea para ver como se traballa o proxecto "BibliotecasVivas" dende dentro .
 
Nivel Máximo: Recibirás o recoñecemento "Bibliotecario Máximo" dende este nivel de cofinanciación + a chapa + o calendario personalizado de "Bibliotecas Vivas" e a camiseta de unidades limitadas co logo "BibliotecaVivas!", para que poidas sempre mostrar o teu apoio ao noso proxecto!
Ademais, poderás facer unha visita persoalizada co equipo de Sustinea para amosarte como se traballa o proxecto "BibliotecasVivas" dende dentro. Con este último nivel de cofinanciación terás posibilidade única de elixir a unha persoa maior que coñezas para unha entrevista especial que imos engadir ao proxecto.
 
Imaxes das recompensas
 
MAÑÁ imos comezar a campaña na plataforma GOTEO coa que podedes contribuír activamente ao proxecto! Difundide entre os vosos amigos!

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.