Campaña A Caza da Cabicha

Durante os venres do mes de xuño e todos os venres do mes de setembro, levaremos a cabo a campaña de concienciación sobre a problemática das cabichas na rúa, polos barrios de O Couto, A Ponte, o centro, as Lagoas e o Posío, na que participarán voluntarios/as co papel de informadores e educadores ambientais, e outros deles/as caracterizados tipo "Ghost Buster" ou neste caso "Cazadores de Cabichas".  
 
Co fin de visibilizar este problema e propoñer solucións encamiñadas é redución das cabichas na cidade, ao mesmo tempo que se recollen as cabichas, iremos informando aos cidadáns do grave problema de tirar as cabichas sen control ao chan, aos espazos naturais, parques infantís, etc. xa que enfean a nosa cidade e son un dano medioambiental xa que son un elemento non biodegradable. Ademais, faremos unha performance, dentro de cada grupo de voluntarios, na que caracterizados dun xeito chamativo, representarán un futuro sen aire limpo e con cidades lixosas.
 
Para esta campaña, tamén buscaremos o beneficio para o tecido económico da zona facendo que bares, cafeterías e demais establecementos atopen vantaxoso para si ter unha rúa limpa e libre de cabichas. Os establecementos que se sumen á campaña por un Ourense máis limpo e cívico serán premiados cun selo distintivo que indique o seu compromiso, publicidade nas redes sociais e na revista dos centros educativos que, sen lugar a dúbida, repercutirá no seu beneficio.
 
Para expor ao resto da cidadanía o grado de incivismo, colocaremos un “cabichómetro” diante do Concello de Ourense, no que se exporán todas as cabichas recollidas en todos os barrios propostos.  
 
Se queres sumarte e colaborar connosco nesta campaña, podes poñerte en contacto no voluntariado@sustinea.org ou no 988 782 964. Cada persoa suma para a conservación do noso Medioambiente!!
 

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.