Campaña de CROWDFUNDING para o Bibliotecas Vivas

Dende Sustinea queremos presentarvos hoxe o proxecto "Biblioteca Vivas".
 
“Bibliotecas Vivas” é un proxecto de recuperación das memorias dos nosos maiores, que viviron antes dos anos 70 a través de grabacións e entrevistas personalizadas para cada perfil.
 
O obxectivo da 1ª fase deste proxecto, é utilizar as informacións recuperadas das memorias dos nosos maiores da comarca de Ourense (concellos de Ourense, Pereiro de Aguiar, Esgos, Nogueira de Ramuín, San Cibrao das Viñas, Carballiño, Barbadás, Toén, A Peroxa, Coles, Amoeiro e Vilamarín) para poder atopar historias, lugares, costumes, tradicións, etc., que existiron antes da revolución urbanística dos anos 70.
 
Despois de recopilar as informacións de cada zona, xeoposicionaránse as historias para poder apreciar as diferenzas de costumes, tradicións, formas de vida, etc., entre os diferentes lugares. O máis importante é dar valor ás vidas anónimas das persoas maiores que habitan nas nosas casas, que acoden aos centros sociais das aldeas, ou que viven nas residencias da terceira idade.
 
Ademais, queremos difundir estas informacións e facelas dispoñibles para todos os que queiran aprender sobre as nosas raíces e a historia da nosa terra.
 
Para levar a cabo este proxecto precisamos comezar campaña de CROWDFUNDING, e dar aos demais a posibilidade de participar e colaborar con nós na recuperación da nosa historia.
 
Nos próximos días informarémosvos sobre o proxecto, estade atentos/as ás nosas redes sociais!

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.