Campaña de rúa para a promoción do Voluntariado en Bemposta

 
Durante os días 27 e 28 de febreiro, estaremos polas rúas de Ourense para facer promoción do Voluntariado Ambiental na Recuperación Paisaxística de Bemposta.
 
O mércores 27 atoparémonos na Rúa do Paseo, perto do Parque San Lázaro durante todo o día, e o xoves 28 pola tarde estaremos na praza do Centro Comercial, así que se tedes calquer dúbida, suxerencia ou queredes recibir información, xa sabedes, pasadevos e charlaremos.
 
Ademais, durante estas dúas xornadas, estaremos acompañados/as, por algunhas das persoas do Circo dos Muchachos que animaran a rúa cun dos seus espectáculos acrobáticos e de malabares.

mércores, 27 Febreiro, 2013 - 10:00 to xoves, 28 Febreiro, 2013 - 20:00