Campaña de rúa para a promoción do Voluntariado en Bemposta

 
Durante os días 27 e 28 de febreiro, estivemos polas rúas de Ourense para facer promoción do Voluntariado Ambiental na Recuperación Paisaxística de Bemposta.
 
Conseguimos achegar o noso proxecto de recuperación e rehabilitación da antiga Cidade dos Muchachos a toda a cidadanía ourensá que nos cedeu parte do seu tempo para escoitar o que dende Sustinea queremos facer en colaboración de todas as persoas interesadas. Ademais de estes días xurdiu unha nova equipa de voluntariado que quere colaborar neste fermoso proxecto.
 
E para facer máis chamativa a nosa presencia na rúa, pensamos na mellor forma de facelo, é foi durante estas dúas xornadas, estivemos acompañados/as, por parte do equipo de rapaces e rapazas que conforman o novo Circo dos Muchachos que animaron a rúa cun dos seus espectáculos acrobáticos e de malabares.
 
Aquí tedes a nova na Voz de Galicia

Engadir un novo comentario

Texto

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Twitter-style @usernames are linked to their Twitter account pages.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.