Campamento Ambiental de Nadal

 Apúntate xa ao Campamento Ambiental de Nadal en Ourense.
 
Este nadal propoñémosvos en Ourense unha gran aventura para os/as vosos/as pequenos/as, un campamento diferente onde poderán interactuar coa natureza da nosa cidade.  O campamento será tematizado, con persoaxes fantásticas que serán as que cada día desenvolvan as actividades. O fío conductor, será un conto fabuloso, no que cada actividade e obradoiro estará guiado polo mesmo.
 

Os nosos parques, xardíns e ribeiras, serán os escenarios perfectos para achegar a natureza aos/ás máis peques dun xeito fabuloso e teatralizado, sensibilizando sobre a importancia destes espazos verdes e os seres vivos que neles habitan. Deste xeito, traballaremos con eles/as, para que dende o momento que coñezan a nosa contorna máis próxima, poidan aprender a conservar activamente o noso Medioambiente.
 

Da man do noso equipo de educadores/as ambientais, descubrirán unha contorna natural que moitas veces pasa desapercibida ante os nosos ollos dun xeito divertido e ameno. O noso equipo son profesionais con longa experiencia no campo da Educación e o Medioambiente, que teñen como obxectivo, transmitir os valores da natureza de forma dinámica e entretida.
 

Durante o campamento, os/as participantes terán a oportunidade de visitar diferentes parques urbáns e as ribeiras dos nosos  ríos, todos eles repletos de natureza e escollidos por seren perfectos escenarios nos que poder desenvolver divertidas actividades coas que poderán achegarse ao fascinante mundo da natureza. Complementaremos o campamento con actividades e obradoiros en interior, coma construción de casetas e comedeiros de paxáros, pegadas de animais, plumas, refugallos, cadernos de campo, refuxios de insectos, contacontos, biodanza, Land art, etc.
 

Ademais, durante 1 hora e media cada maña, desenvolveremos unha das actividades en inglés, para que os/as participantes podan aprender a expresar conceptos da natureza noutro idioma.
 
 
Este campamento será o comezo de algo moi bo que estamos argallando para o 2016, a creación de auténticos exploradores!
 
Datas: 23, 26, 28, 29 e 30 de decembro de 2015, e 2 e 4 de xaneiro de 2016
Horario: de 9 a 14h.
Idades: de 6 a 14 anos.
Prezo: 65 euros
Días soltos: 10 euros.
Nº de prazas: 20
 

Inscricións: https://goo.gl/M0Cizk
Máis información: Telf.: 988 782 964 e info@sustinea.org

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.