CAMPAMENTO Descubre a costa connosco! en PORTO DO SON

"Descubre a costa connosco" agarda por ti este verán nunhas instalacións ao pé do MAR para darlle a oportunidade ás nenas e nenos de pasar 6 días con actividades lúdicas e educativas nun contexto tan fermoso como a praia de Aguieira en Porto do Son.

O campamento levarase a cabo do 23 ao 28 de xullo nas Instalacións Virxe de Loreto - Porto do Son.

O Campamento Tematizado Ambiental de Sustinea desenvólvense nun ambiente de igualdade e amizade. Ademais, son unha oportunidade para descubrir, a través de xogos e dinámicas de grupo cunha metodoloxía lúdica e motivadora, o fascinante mundo da natureza mariña.

A formulación das actividades é integradora e multidisciplinar, desenvolvéndoas nos seguintes bloques temáticos:

Actividades na Natureza

Snorkel: mergullarémonos no fondo mariño e para descubrir a riqueza que se agocha baixo a auga.
Intermareal:  roteiro pola costa descubrindo a fauna marina das pozas.
Kaiak: Realizaremos actividades de kaiak na praia que temos a carón do campamento.

Actividades de Educación Ambiental

Cadernos de campo, orientación na natureza, itinerarios de identificación de elementos naturais, xogos na natureza, reutilización de materiais,  experiencias coas enerxías alternativas, etc.

Actividades de Animación e Convivencia

Tiro con arco, asambleas, vivaque, descubertas, traballo en equipo, xogos de resolución de conflitos, dinámicas de expresión (teatro, disfraces, cine, etc.), xogos tradicionais e populares de Galicia, etc…

Actividades Culturais

Nelas darase a coñecer a importancia histórica e cultural da zona por medio de saídas etnográficas e roteiros interpretativos, coñecendo tradicións, lendas, costumes e recursos naturais.
 

O cueste son 175 euros e as prazas serán adxudicadas por orde de inscrición.

Para formalizar a inscrición débese facer o pago e preencher o seguinte formulario: https://goo.gl/Gqogyw

O documento coas condicións de pago atopádelo no seguinte enlace: https://goo.gl/ZDRfvY

Máis info:
info@sustinea.org e no 988 317 895.

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.