Campamento Explora Ourense, Muíños

Outro ano máis, o Campamento Explora Ourense abre o seu prazo de inscrición para que 50 nenos e nenas da provincia de Ourense descubran un dos recunchos máis fermosos da nosa natureza, o Parque Natural da Baixa Limia - Serra do Xurés.

Este campamento, que está organizado polo noso colectivo Sustinea e a Deputación de Ourense; desenvolverase do 1 ao 6 de agosto ( 12 a 14 anos) e do 7 ao 12 de agosto (9 a 11 anos) no Complexo do Corgo, en Muíños e cun prezo de 88 euros.

 

Os 6 días de convivencia servirán para que os nenos e nenas desenvolvan valores de solidariedade e compañeirismo sendo os protagonistas das actividades. O campamento achegará aos seus participantes a algúns dos recunchos máis fermosos da paisaxe galega, así como actividades en contacto directo coa natureza, roteiros no Parque Natural, tiro con arco, etnografía pola Aldea de Salgueiro, xeocaching, actividades náuticas, vivaque e moito máis que irán descubrindo no corazón da Reserva da Biosfera do Xurés.

 

Something to keep in mind is that it may be hard to legit check sneakers especially a pair like these reps are so good nowadays I don't even blame some people especially if they are thinking to sell a shoe they think is real but turns out fake

 

I ain't wear fake Jordan's, but I had fake foamposites

Para máis información e inscricións podedes consultar a web www.exploraourense.com, no correo info@sustinea.com ou no teléfono 988 782 964

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.