Campamentos “Ven a explorar con nós” 2014

Rematamos as dúas primeiras quendas dos Campamentos “Ven a explorar con nós” 2014, baixo o lema e a actitude, de auténticos/as “Xusticieri@s Ambientais”.

O noso compromiso educativo progresa este ano cun programa de Campamento Ambiental actualizado en función da realidade do noso Planeta.

Gozando todo o posible, xogando, descubrindo, tocando, experimentando, mirando, escoitando... o noso programa pretendía que a través das experiencias máis agradables @s participantes puideran chegar a amar máis a Natureza da que formamos parte e consecuentemente converterse nos seus mellores defensores/as.

Para iso cada día tratamos un gran tema ambiental dos que supoñen a esencia de Sustinea.
 
Como fío condutor desta aventura tivemos ao noso amigo o Lobo, que este ano apareceu nos momentos máis insospeitados do día. Cada día tivemos que descubrir e salvar de perigos, pasar diversas probas e aventuras, para conseguir chegar xunto ao noso amigo o Lobo, que nos premiou cada noite, entregándonos unha peza chave, que debían conseguir ata completar a caixa Gaia, símbolo dos/as nosos/as “Xusticieri@s Ambientais”. Aquí vos deixamos unha pequena galería fotográfica, para que vexades que ben o pasamos.

Estas convivencias, foron moi enriquecedoras pois participaron rapaces e rapazas moi diferentes e de distintas culturas, dispostos/as sempre, a desfrutar dunhas vacacións inesquecibles en pleno corazón do Parque Natural do Xurés.
 
Agardamos vervos pronto, participando con nós para conservar o noso Medioambiente!
 

Etiquetas: 

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.