
Un total de 23 persoas chegadas da Coruña, Ourense, Alemaña, Mexico, Francia, Turquía, Serbia, Sevilla, Cantabria, Cádiz, Barcelona, Salamanca, Vizcaya, Madrid e Valencia, chegaron a Vilariño de Conso para compartir connosco durante 12 días a experiencia intercultural no rural do Parque Natural Serra de Invernadeiro, e de desenvolvemento rural sostible nas montañas ourensás.
Dende a recuperación patrimonial dos curros da zona, o acondicionamento e retirada de lixo das marxes do río, a investigación e a recuperación da memoria histórica a través das entrevistas coas veciñas, a interculturalidade no pobo de Vilariño, a cooperación e o ensino de tradicións culinarias coa feitura do pan e empadas no forno tradicional, e un longo etc. fixeron deste encontro un espazo de motivación e posibilidade para o noso rural.
Ensinalo, coñecelo e conservalo. Porque o rural quere xente. Agradecidas do esforzo destas 23 persoas e da enerxía que deixaron no pobo.
Ata a próxima ;)
Engadir un novo comentario