Celebración Día Mundial da Árbore

Este  21 de marzo,  Sustinea e a Asociación de Discapacitados de Ourense (A.D.O.), celebramos xuntas o Día Mundial da Árbore. Dende Sustinea quixemos apoiar este día recordando a importancia de coidar e preservar as nosas árbores, xa que estas son fundamentais para a vida no noso planeta. É por esta razón que pensamos que non había mellor forma de festexar este día, que plantando árbores autóctonas e desfrutando dunha mañá en contacto coa natureza. Deste xeito, contribuimos co noso graniño de area a paliar a gran perda de bosques que afecta a Galicia, ano tras ano, coma consecuencia dos lumes.

As actividades que realizamos en colaboración con ADO, baseáronse nunha plantación de 50 árbores autóctonas, entre elas, freixos, sobreiras e cerquiños no Parque Lonia, ademáis dunha plantación simbólica e alternativa coma é o nendo dango (plantación de sementes envoltas en boliñas de arxila, lanzadas ao aire para a súa dispersión). Durante esta maña os rapaces e rapazas de ADO coñeceron e comprenderon de xeito lúdico, a importancia da conservación e o respeto das nosas árbores.

 

Moitas grazas rapazas e rapaces por unha mañá tan inspiradora e con tantos bós momentos.

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.