Celebración da Semana do Medioambiente

Dende Sustinea en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense, organizamos a Semana do Medio Ambiente cun programa de actividades participativas, divulgativas e de sensibilización que imos a desenvolver durante os días 3, 4 e 5 de xuño co obxectivo de achegar aos/ás cidadáns ao desfrute da Natureza e dos espazos públicos da cidade.
 
Contamos cu amplo programa de actividades, nas que poderedes participar de xeito libre:
 
1) Ecoxincana: “A Liga d@s xusticieir@s ambientais”
Martes, 3, ás 18:30 horas, no Parque Angelita Paradela
Mércores, 4, ás 18:30 no Parque Barbaña
 
2) Obradoiro de cestería con materias de reciclaxe
Martes, 3, ás 18.30 horas no Parque Beiramiño (Ponte Vella)
Mércores, 4, ás 18:30 horas no Parque Diego González Blanco (a carón do Divino Maestro, no Vinteún
 
3) II Xornada de consumo sostible, na Praza Maior. Xoves, 5 de xuño.
 De 11:00 a 21:00 horas, coa participación de 11 produtores ecolóxicos da provincia:  Leite Ecoleia, Aceiroga (aceite ecolóxico galego), O Sol de inverno (roupa ecolóxica galega), Carne galeguesas, A cestola na cachola, Tato Culto Agroecoloxía, Ecomeben, Cervexa alaricana, Terra de Baronceli, entre outras.
Tamén estaremos Sustinea, Amigos da Terra, a Praza de Abastos e o Concello de Ourense, co proxecto Come Ourense.
 Dentro desta actividade, ás 18:30 horas desenvolveranse un Obradoiro de balcóns e terrazas comestibles e, na Praza de San Martiño, unha sesión de contacontosa cargo de Anxo Moure.
 
4) Actividades en Montealegre:
- Obradoiro de construción de refuxios de insectos (Martes, 3, ás 18:30 horas)
- Obradoiro de construcións de xardíns micolóxicos (Mércores, 4, ás 18:00 horas)
- Visita ao Parque de Montealegre e plantación de árbores típicas de cada unha das cidades que forman o Eixo Atlántico, coas súas correspondentes pracas identificativas, no marco das actividades que acolle a cidade de Ourense como Capital Cultural do Eixo Atlántico 2014.
 
Así que xa sabedes, agardámos a vosa participación nas actividades!

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.