Celebramos o Día da Terra dun xeito especial

Con motivo do Día da Terra, dende Sustinea queremos celebralo dun xeito moi especial, e é facendo mención neste día, ao labor de todas as persoas voluntarias que ao noso carón, contribuiron á recuperación e rehabilitación de Bemposta, levando a cabo accións de voluntariado nos meses de marzo e abril. Durante estes meses levamos a cabo a 1ª Convocatoria do Voluntariado Ambiental, onde participaron un total de 40 persoas, entre elas, atópase o colectivo (A.P.E.S.) Asociación para a Prevención da Exclusión Social, que colaboraron con nós neste proxecto.
 
A achega dos/as voluntarios/as foi esencial nesta 1ª Convocatoria baseada na posta en marcha de Bemposta, nunha rehabilitación da zona exterior, erradicación de especies invasoras, e o acondicionamento das zonas axardinadas. Durante todas as fins de semana do voluntariado, todas estas persoas, fixeron que día a día houbera un ambiente de cooperación, motivación, esforzo, ledicia e sobre todo e o que para nós é máis importante, é que cada unha destas persoas, deixou unha enerxía posta en Sustinea, que fará que continuemos con máis motivación o noso labor.
 
Nos meses do verán, continuaremos cunha 2ª Convocatoria que se baseara na realización dun Campo de Traballo, para a rehabilitación dos edificios mediante técnicas de bioconstrución, a creación de xardíns xerófilos, e a preparación da zona de hortos ecolóxicos, entre outras.
 
Hoxe e máis que nunca, agradecemos o labor de todas as persoas voluntarias que participaron con nós nos comezos deste proxecto!!
 
Aquí vos deixamos unha mostra dalgunhas labores que realizamos.