
Só para persoas comprometidas!!
o vindeiro luns 25 de xaneiro ás 11h tes unha cita no Edificio de Ferro para informarte da problemática que ten a extracción do mineral que se emprega nos aparellos electrónicos (teléfonos móbiles, ordenadores e consolas) e de que podemos facer nós para minimizar este impacto.
Lembrámosvos que Sustinea é unha entidade colaboradora co proxecto "Movilízate pola selva" do Instituto Jane Goodal como punto oficial de recollida de teléfonos móbiles. Recollémoste o teu móbil en desuso con batería, pero SEN cargador nin tarxeta SIM na Avda. das Caldas nº8, entrechán dereita
Engadir un novo comentario