Charla no IES Universidade Laboral sobre o proxecto "Movilízate pola selva".

Buzón para recollida de móbiles en desuso.

A petición dunha profesora comprometida, onte estivemos no Instituto de Secundaria “Universidade Laboral” en Ourense, nunha actividade cuns corenta alumnos de bacharelato para informarlles da problemática que ten a extracción do mineral que se emprega nos aparellos electrónicos (teléfonos móbiles, ordenadores e consolas) e de que podemos facer nós para minimizar este impacto. Unha vez máis, contamos coa valiosa colaboración de Susana R. Fariña, primatóloga ourensá.

Lembrámosvos que Sustinea é unha entidade colaboradora co proxecto "Movilízate pola selva" do Instituto Jane Goodal como punto oficial de recollida de teléfonos móbiles. Recollémoste o teu móbil en desuso con batería, pero SEN cargador nin tarxeta SIM na Avda. das Caldas nº8, entrechán dereita.

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.