
Sustinea presenta unha nova actividade mensual no noso local. O Cine-Fórum que levaremos a cabo cada último xoves de mes, totalmente de balde. Serán temáticas diferentes, onde teremos un debate de participación social ao rematar cada peli/documental.
Comezamos este ano coa peli “Racing Extinción: Conta Regresiva” de Louie Psihoyos, pretende lanzar unha mensaxe urxente a todo o planeta: estamos a causar a maior extinción de seres vivos desde a desaparición dos dinosauros.
Neste documental un equipo de artistas e activistas expoñen o oculto mundo da extinción, con imaxes nunca antes vistas que van cambiar a nosa maneira de ver o planeta. Reunidos nunha nova operación secreta cuxo obxectivo é ensinar ao mundo o tráfico de especies protexidas e a loita para previr as extincións masivas. Percorrendo o planeta para infiltrarse nos mercados negros máis perigosos e recorrendo ás novas tecnoloxías para documentar e obter probas da relación directa entre as emisións de CO2 e as extincións, a documental mostra impresionantes imaxes inéditas que cambiarán a nosa maneira de ver o mundo.
Para máis info: info@sustinea.org ou no 988 782 964
Agardámoste no noso local na Avd das Caldas nº8 entrechán dereita ;)
Engadir un novo comentario