Coñece, Conserva, Valora o P.N. da Serra Enciña da Lastra

Ven coñecer un Parque Natural único en Galicia, cumios de rocha caliza e natureza mediterránea no recuncho máis oriental do país.

O sábado 21 de outubro "O Parque", roteiro adicado a coñecer os valores naturais  e desfrutar da paisaxe espectacular que ofrece. A presentación do Parque e punto de encontro será no centro de recepción de visitantes de Biobra ás 10h. Roteiro circular, 8Km de dificultade media e 3:30 h de duración.

O domingo 22 de outubro  "Roteiro patrimonial" , na que coñeceremos unha antiga mina de pintura, un muíño e a ermida de Santo Estevo de Pardollán á que chegaremos entre bosques de aciñeiras. Nesta ocasión o punto de encontro será o mirador de Vilardesilva ás 10h. para admirar na súa fermosura o Sil e Penarrubia.  Roteiro circular, 5 km de dificultade media e 3 h de duración.

 

Bruh all my Jordan's and yeezes are real I have one fake hoodie and I have a the supreme Calab with Nike

Para máis información e inscricións info@sustinea.org ou 988 782 964 (puidendo inscrivirvos aos dous roteiros ou so a un deles).

Na tarde do sábado o guía do Parque informará sobre outros roteiros e lugares de interese para visitar.

*foto cedida por Marcos García, gañador do concurso de fotografía no PN das Fragas do Eume, que desfrutou do seu premio cun roteiro guiado polo PN Serra da Enciña da Lastra.

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.