Comezamos coa 1ª actividade das Xornadas de Agroecoloxía

Onte comezamos coa 1ª actividade das Xornadas de Agroecoloxía de Ourense, a visita ao proxecto agroecolóxico Fóra da Linde e Conversa na Horta: Vivir a autoxestión.
 
Uidemos coñecer varios exemplos de proxectos agroecolóxicos: o das nosas compañeiras de Fóra do Linde (Ourense) e outros, como o que se está a desenvolver en Perales de Tajuña (Madrid).
 
Estos dous proxectos propoñen a través da agricultura ecolóxica, un modelo alternativo de produción, consumo e distribución baseado na autoxestión, creando unha estructura asemblearia, traballando de man con grupos de consumo locais, como por exemplo co Grupo de Consumo Responsable Xurumelas.
 

Durante a xornada visitamos o invernadoiro e coñecimos diferentes especies de plantas, como traballar con abonos naturais, planificación da horta, o rego, etc.
 
Despois todas e todos, desfrutamos dun estupendo xantar vexetal e viño do país.
 
Foi unha xornadas moi agradable. Gracias a Fóra do Linde.