
Sabedes que hai un punto de intercambio de libros na cidade de Ourense? Pois está na Rúa Avilés de Taramancos.
Dende Sustinea queremos colaborar nesta iniciativa xa impulsada dende fai anos en moitas cidades do mundo, dinamizando e promovendo un encontro e espazo de cultura, que consiste en deixar os libros «esquecidos» en calquera lugar público tras o seu desfrute, coa única condición de volvelos a deixar para que atopen un novo lector ou lectora.
Hoxe en día compartimos cousas e algunhas non teñen ningún sentido, por iso dende Sustinea queremos saber, en definitiva, se a xente aínda comparte cousas físicas, e se miran máis aló das súas pantallas do móbil.
Animádesvos a compartir cultura?
Engadir un novo comentario