Continuamos cos IV Monográficos de estudo de fauna salvaxe

Continuando co programa dos IV Monográficos de estudo de fauna salvaxe, dentro do programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, platexamos unha actividade diferente e moi interesante. Estaremos este sábado 10 de outubro na cidade de Ourense, cunha actividade de mostraxe e estudo da fauna periurbana e urbana. 
 
A actividade comezara pola tarde do sábado, ás 16:00 ata aproximadamente as 22:00 da noite. Faremos unha ruta ao redor do río Loña, cun percorrido de 6 km., onde mostrearemos carnívoros, reptís, anfibios e malacos que habitan na zona periurbana da cidade de Ourense, analizando os rastros e sinais de fauna,  e as cámaras de fototrampeo previamente instaladas, nas que poderemos visualizar a fauna oculta para os nosos ollos.
 
Ao anoitecer, achegarémonos ao casco vello de Ourense, onde comezaremos cunha breve introdución sobre os morcegos e a súa bioloxía, así como as distintas metodoloxías de traballo empregadas polos científicos para estudar a estas especies. 
 
Logo realizarase un percorrido nocturno polo casco antigo, empregando detectores de ultrasóns para poder escoitar os morcegos que conviven connosco.

Esta é unha actividade gratuíta. Inscríbete canto antes, xa que temos número de prazas limitado.

Para máis información: info@sustinea.org e 988 782 964

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.